Cuarta morte de violencia de xénero en Galicia. Unha muller de 71 anos morreu nesta casa de Foz por un disparo presuntamente do seu marido que tería utilizado a mesma arma para suicidarse logo nun anexo a vivenda // Un dos peritos xudiciais que estudaron o accidente do Alvia en Santiago afirma, no seu informe que o sinistro non se tería producido se, no treito anterior á estación, se tivera respectado o proxecto orixinal de circular co sistema ERTMS (que frea automaticamente o tren) // Hoxe hai case 26.000 persoas menos agardando por unha primeira consulta no médico especialista que hai un ano, o que supón unha redución das listas de espera no sistema sanitario galego de máis dun 17 por cento. Aínda así para ser atendido dunha patoloxía grave é preciso agardar 49 días. 25/04/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano