Ayuso, no irmandamento Galicia-Madrid | A taxa de paro baixaao 8´8% | Primeiro exoesqueleto para nenos| En busca da mellor tortilla, en Ourense
25/10/2024 00:23:00Isabel Díaz Ayuso, nun acto institucional no Porriño, tras rexeitar a xuntanza á que estaba convocada con Pedro Sánchez. A presidenta madrileña chega a Galicia en medio das revelacións de irregularidades económicas da sua parella e a conmoción polas denuncias que fixeron abandonar a politica a Íñigo Errejón|Galicia suma case 24.000 empregos máis durante o verán, segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada hoxe. O desemprego baixou en 7.300 persoas e a taxa de paro sitúase no 8´8 por cento, fronteao 11´2 por cento de media do conxunto de España, que é o mellor dato dende o ano 2008|O Primeiro exoesqueleto do mundo que se adapta ao peso e tamaño dos nenos. Desde agora está dispoñible na asociación Amencer Aspace de Pontevedra grazas a un doador anónimo | En busca da mellor tortilla de pataca de Galicia, con ou sen cebola. É o concurso no que participan Cociñeiros de Establecementos das catro provincias en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. Entre os participantes, Ramón Rodríguez, do restaurante O Cabo da Coruña, gañador do último campinato de España. 25-10-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado