Día internacional contra a violencia de xénero. En Vigo 2 mil estudantes formaron este tapiz humano contra esta lacra social. Mensaxes para os máis novos neste día para que aprendan a rexeitar as condutas machistas que poden acabar en violencia contras as mulleres. Unha violencia que xa sofren moitas menores a través da rede // Galicia perde cada ano 8 mil habitantes, segundo un estudo presentado hoxe // O Presidente da Xunta pide ter en conta o problema demográfico á hora de investir os 80 mil millóns de euros que Europa destinará a investigación científica, nos próximos anos // Os pensionistas galegos cobran 137 euros menos que a media española segundo os datos que hoxe fixo públicos o ministerio de emprego. E a segunda comunidade coas pensións máis baixas despois de Extremadura. 25/11/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano