As vítimas da violencia machista centran a actualidade neste día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Ao longo da mañá multiplicaronse os actos para mostrar o rexeitamento a esta lacra social que lle custou a vida a seis mulleres no que vai de ano en Galicia, tantas coma en todo o ano pasado // Todos os colexios galegos terán conexión a internet de cen megas. Anunciouno o Presidente da Xunta no Parlamento onde asegurou que o proxecto para esta dotación será aprobado no Consello da Xunta de mañá que destinará a este fin 19 millóns de euros // O ministro de economía augura un crecemento do PIB galego de case o 3% en 2015. De Guindos defendeu que a recuperación é máis lenta en Galicia porque a nosa comunidade tamén sufriu menos a crise. 25/11/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano