Mariano Rajoy defendeu, no Debate sobre o Estado da Nación, os investimentos do Goberno Central en Galicia e as medidas políticas que, dixo, lle permitiron a España empezar a saír da crise. Foi en resposta á portavoz do BNG que o acusara de dedicarse a amargarlles a vida aos cidadáns // Relevo na fiscalía Superior de Galicia. Hoxe foi elixido para o cargo o ferrolán Fernando Suances, quen sustituirá a Carlos Varela, que levaba dez anos á fronte. Suances deberá ser nomeado no Consello de Ministros, algo que podería suceder no de pasadomañá // O xuíz envía ao cárcere ao frade franciscano do Cebreiro, acusado dun delito de abusos sexuais a unha menor de idade de 17 anos e un rapaz discapacitado de 19. Ademais dos abusos, o xuíz impútalle tamén un delito relativo á prostitución. 25/02/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano