Incendio nunha nave industrial en Lugo | A UE rebaixa os requisitos para as axudas da PAC | As condicións laborais modélicas dunha empresa coruñesa
26/03/2024 00:24:58Incendio nunha nave industrial no polígono do Ceao en Lugo. Pertence a unha empresa de despece de automóbiles, cunha zona de residuos onde se acumulaban neumáticos, aceite e abundante material inflamable. Hai dous traballadores feridos. Os equipos de extinción conseguiron evitar o risco de que o lume se propagase aos edificios colindantes | A Unión Europea respalda a rebaixa dos requisitos medioambientais que agricultores e gandeiros deben cumplir para acceder ás axudas da PAC. Así o decidíu o Comité Especial de Agricultura en Bruxelas co apoio dos 27 países membros. Tamén propoñen suprimir as sancións as pequenas explotacións | Máxima flexibilidade horaria, días libres ilimitados e sen reducción de salario. Son condicións de traballo que aplica unha empresa coruñesa adicada a impartir cursos de programación. A satisfacción dos seus 75 empregados actuais e compatible con duplicar a sua facturación cada ano | Lucenses e turistas puideron desfrutar da procesión da Virxe da Esperanza, coñecida polos devotos coma a procesión dos mariñeiros, que fixo o seu percorrido pola capital ata rematar, como é tradición, co canto da Salve Mariñeira
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado