O mapa político galego non muda de cor pero si sofre importantes variacións, logo dos comicios europeos, celebrados onte nas que a maior novidade é a irrupción de "Podemos". O Partido Popular mantén a maioría co 35 por cento dos votos pero baixa respecto ao 50 por cento que lograra hai cinco anos. O PSdeG-PSOE tamén baixa, do 35 ao 21 por cento, pero mantén a segunda posición. No terceiro posto afiánzase AGE. Un posto que lle arrebata ao BNG que perdeu máis de 20 mil votos respecto ao 2009 // O acceso ás localidades da Ría de Noia e a toda a costa coruñesa será máis doado este verán. A variante de Noia entrará en servizo a primeira fin de semana de xullo. Só lle falta o 3 por cento e hoxe realizáronlle probas de carga á ponte que atravesa a ría de Muros e Noia, incluída nesa variante, de 5 quilómetros // Tafisa, a fábrica pontevedresa de taboleiros e tarima flotante pecha, despois de 68 anos. Está en fase de liquidación despois de non superar un concurso de acreedores. 26/05/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano