Peritos xudiciais analizan, de novo, a vía do tren na curva de Angrois, en Santiago, onde descarrilou o tren hai un ano, causándolles a morte a 79 persoas. Miden o peralte da vía e o radio da fatídica curva para comprobar se cumpre cos requisitos necesarios para unha liña de alta velocidade // En Vigo a policía aumenta a vixilancia na zona da ponte dende a que se guindaron pedras a catro coches sobre a AP-9. Un dos conductores afectados viu a catro mozos despois de sufrir un impacto na parte traseira do seu coche onde viaxaba a súa filla de 11 // Embarcan nun buque mercante, en Vigo, 7 pezas de grandes dimensións, destinadas a un parque eólico mariño do Mar do Norte, en Dinamarca. Miden 36 metros de longo e foron encargadas pola multinacional Siemens a unha factoría galega, de Ponteareas. 26/11/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano