Por primeira vez en Galicia, a Fiscalía investiga se hai algún delito polo estado dun treito dunha estrada no que se producen moitos accidentes. Son os 34 quilómetros da N550, en Pontevedra, incluído o paso polo centro de Valga.Dende 2009, lévanse producido mais de 500 accidentes // No xuízo polo roubo do códice Calixtino, o xefe da brigada de patrimonio histórico da policía nacional recoñeceu hoxe que a investigación se retrasou pola falta de colaboración do cabido que non denunciara a desaparición de cartos, máis de dous millóns de euros na catedral entre 2002 e 2012. Na sesión de hoxe tamén declarou coma testemuña o excontable da catedral que reclamaba máis controis daquela do diñeiro no templo // Navantia gaña un concurso internacional para reparar un gaseiro nas instalacións de Fene-Ferrol. O contrato dará emprego a 200 operarios durante 5 meses. En 2014, a empresa reparou 44 barcos, 20 deles gaseiros. 26/01/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano