A Xunta non vai solicitar financiamento extraordinario do Fondo de Liquidez do Goberno central, dada a solvencia de Galicia, que fai máis barato financiarse nos mercados ordinarios, segundo Núñez Feijóo. No consello aprobou reforzar os equipos antiincendios contratando 125 brigadas da empresa Seaga // O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, declarou no xulgado coma imputado na investigación da presunta adxudicación irregular das obras da rúa Bedoya. Están acusados dun delito de prevaricación os nove concelleiros de PSdeG e BNG que eran membros da Xunta de Goberno no ano 2008, cando as obras foron adxudicadas // A Policía pon en marcha unha operación especial para o verán para previr roubos e incidentes nas zonas de praias e lecer. Tamén patrullarán para evitar delitos de terrorismo e incendios forestais. 26/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano