Conta atrás para O Son do Camiño | Multitudinario rexeitamento a Altri en Palas | O IDIS amplía o estudio sobre os efectos da música no ADN
27/05/2024 00:23:14O monte do Gozo, transformado xa para acoller a nova edición do Son do Camiño, o macrofestival que comenza este xoves, convertido no máis multitudinario da temporada en Galicia. A ocupación roza o completo na cidade de Santiago, ante un evento cun cartel cheo de figuras nacionais e internacionais, e que espera reunir máis de 45.000 asistente cada día, ata o sábado| Reaccións dos grupos políticos ante o contundente rexeitamento expresado en Palas de Rei ao proxecto de Altri. O BNG súmase aos manifestantes contrarios a macrofábrica, mentres os socialistas reclaman información á Xunta sobre os fondos públicos que se prevén investir. Alfonso Rueda asegura que nunca aprobaría un proxecto que non contase con todos os pronunciamentos ambientais favorables| O concello de Vigo anuncia unha actuación urxente para evitar novos derrubamentos no edificio onde morreu un bombeiro que inspeccionaba o estado do inmoble. Di que non constaban ningún expediente aberto sobre problemas de seguridade | O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago continúa co seu estudo sobre qué efectos provoca a música no ADN, pioneiro a nivel mundial. Agora recibe un millón de euros da Unión Europea para ampliar o proxecto con pacientes que sofren deterioro cognitivo e dano cerebral
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado