O anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario europeo da competencia , Joaquín Almunia é interpretado polo sector naval coma unha sentenza condenatoria. O Comisario explicou que armadores e inversores terán que devolver as axudas concedidas polo sistema do Tax Lease.
O Presidente da Xunta califica de " conversa de Café" o anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario da Competencia e agarda que esa non sexa a decisión que adopte a Comisión Europea.
Continúa a comisión do Parlamento que investiga a fusión das Caixas.Na sesión da mañá, dous socios da compañía KPMG que realizou o informe previo a esa fusión, negaron ter recibido indicacións por parte do goberno galego e aclararon que non estudiaron outras opcións distintas da fusión para a supervivencia das entidades. (27/06/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano