Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case 700 oficinas que ten o banco en xeral e das que case 600 están na nosa comunidade. O banco, resultante da fusión das antigas caixas de aforros, conta con case 4 mil 700 traballadores e dous millóns de clientes // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldÍa de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes. O BNG gobernaba en minoría logo de que os independentes o acusaran de non cederlles a alcaldía, como pactaran. O BNG di que lles ofreceron o bastón de mando pero que o rexeitaran // O Fiscal Xeral do Estado, defende a reducción dos partidos xudiciais, prevista na reforma da Xustiza, aÍnda que recoñeceu a necesidade de conciliala co respecto ás tradicións e necesidades de cada comunidade // O Vicepresidente da Xunta, insiste en que deben seguir manténdose 7 tribunais de instancia e non un só en cada provincia, como prevé o proxecto. 27/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano