Protesta polo transporte escolar no Courel | Xornada de mobilizacións por Palestina | Freaky Festival, para fans do cinema fantástico, en Vigo
27/09/2024 00:25:00Protesta de pais, nais e alumnos de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar, e o resto de vehículos, debido a unhas obras na estrada principal que levan un ano de atraso. Din que está en risco a seguridade, polo que reclaman unha solución | Concentracións en favor de Palestina, dentro da xornada de folga xeral convocada por CGT e Solidariedade Obreira para protestar contra a actuación de Israel e pedir que se lle deixe de vender armas. A mobilización causou problemas no servizo ferroviario, o máis importante a cancelación dun tren entre a Coruña e Vigo, cuns 500 viaxeiros afectados | O Ministerio de Turismo declara de interese nacional a Festa da Filloa de Lestedo e a da Empanada de Bandeira, en Silleda. Outra exaltación gastronómica galega, a da lamprea de Arbo, pasa a ser considerada de interese turístico internacional, unha categoría a que tamén ascende o Arde Lucus | Un certame diferente para fans de xéneros cinematográficos como o fantástico, de terror ou de de ciencia ficción. O Freaky Festival en Vigo, presenta 25 películas internacionais inéditas en Galicia, e rende homenaxe a clásicos que cumpren catro décadas como Terminator, ou Pesadelo en Elm Street |
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado