O fiscal pide para o maquinista do tren alvia, accidentado en Santiago, 4 anos de prisión, coma único imputado polo sinistro que lles causara a morte a 80 persoas. O acusador público solicita tamén para as vítimas case 43 millóns de euros de indemnizaciòn. Pide a apertura de xuízo oral e considera ao maquinista autor de 80 delitos de homicidio por imprudencia profesional grave.
Os nove membros do xurado deliberan, nos xulgados de Santiago, sobre a culpabilidade ou inocencia dos pais de Asunta Basterra, acusados da morte da nena. Levan xa un día illados e vixilados, mentres votan, unha por unha, as respostas ás 21 preguntas que o Presidente do Tribunal lles entregaba onte, co fin de que cheguen a un veredicto.
As análises confirmarán, nas próximas horas, se o que lle causou a morte a un meniño de 1 ano na localidade coruñesa de Boiro foi unha infecciòn por meninxite B. (27/10/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano