Novas estrelas Michelín para restaurantes galegos | Investigación do custo do Álvaro Cunqueiro | Aumento de renda na Coruña, Santiago e Lugo
27/11/2024 00:25:04O restaurante Simpar, na zona vella de Santiago, consigue a sua primeira Estrela Michelín. É un dos establecementos galegos recoñecidos na edición deste ano da gala gastronómica celebrado en Murcia. O Retiro da Costiña de Manuel García, asentado en Santa Comba, logra a segunda estrela | A fórmula de adxudicación do Hospital Ávaro Cunqueiro, de Vigo, analizada hoxe na comisión de investigación no Parlamento. O conselleiro maior do consello de Contas di que a contratación pública podería ser más eficiente, ainda que as obras tardaran máis. Os populares insisten en que non hai indicios de ninguna irregularidade | A Coruña, Santiago e Lugo, entran no ranquin das dez cidades españolas onde máis aumentou a renda por habitante dende a pandemia, Así figura nun traballo da Fundación de Estudos de Economía Aplicada que analiza a evolución do tecido produtivo | Unha competición entre escolares para conciencialos sobre os perigos de Internet. E a Ciberliga, organizada pola Garda Civil, e na que participan alumnos de 50 centros de toda Galicia. Terán que enfrontarse, por equipos, a retos que simulan situacións reais que poden atoparse navegado pola rede
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado