Telexornal - Galicia - Programa informativo en RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 28-02-2024

Incendio no templo budista de San Amaro | Interceptado un veleiro con 200 quilos de cocaína | Pequenas delicias gastronómicas en Santiago E Tapas

28/02/2024 00:25:03
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2  28-02-2024 Telexornal Galicia 2  28-02-2024
Telexornal Galicia 2 28-02-2024 00:25:03 28/02/2024
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

O lume destrúe a estrutura interior de madeira do único templo budista de Galicia, ubicado dende hai unha década na localidade ourensá de San Amaro. Os monxes lamentan a perda de numerosos libros de meditación e filosofía... e ter que cancelar os retiros aos que acoden practicantes de todo o mundo | Trasladados ao porto de Vigo os oito fardos con 200 quilos de cocaína, atopados a bordo dun veleiro a 500 millas das Illas Canarias. A embarcación foi interceptada por Axentes de Vixilancia Aduaneira, grazas a colaboración de organismos de intelixencia de Francia e Estados Unidos | O indice de prezos do ministerio da Vivenda para regular os alugueiros so podería ter efectos en Galicia se a Xunta autoriza declarar algunha cidade como zona tensionada | Máis de 60 pequenas delicias gastronómicas, entre creativas e tradicionais conforman a oferta dos restaurantes que participan no concurso Santiago E Tapas, con máis de 200 agasallos a repartir entre os que completen algunha das rutas de tapeo até o próximo domingo.

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano