Un estremecedor caso de posible violencia contra un bebé está a ser investigado en Ourense. O Pequeno, de só 10 meses xa sofriu varias fracturas en estremidades e costelas que lle foron descubertas no hospital cando o levaron ali para atendelo de graves feridas, sofridas recentemente // As vítimas de violencia de xénero seguirán recibindo atención psicolóxica especializada e de balde. Un cento de terapeutas atenderán ás maltratadas e aos menores dependentes delas. Facerano de balde, de xeito anónimo, en calquer punto de Galicia e en menos de 48 horas desde que o soliciten // As medidas de prevención nos barcos de pesca son centro de atención hoxe ao celebrarse o día da seguridade no traballo e logo de que 18 mariñeiros faleceran recentemente en accidentes marítimos en pouco máis dun mes. Unha sociedade creada polas confrarías controla as medidas de seguridade en máis de 800 pequeiros de toda a comunidade. 28/04/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano