Os fortes ventos da noite pasada déronlle paso a unha xornada de chuvia e baixada de temperaturas, no inicio dunha semana na que se anuncia unha sucesiòn de borrascas. No mar e nas zonas costeiras mantense unha alerta laranxa que se prolongará ata bén entrada a tarde.
A Garda Civil e a Policia Judiciaria portuguesa manteñen aberta unha operación no transcurso da que xa foron detidos oito presuntos narcotraficantes e requisados 25 quilos de heroína e cocaína, en varios domicilios dos acusados.
Entre os detidos están o cambadés Diego Cores Falcón, con antecedentes por narcotráfico e o portugués Vitor Cardoso que distribuía a droga no país veciño, na zona do Porto.
A Xunta triplicará no 2016 as indemnizacións polos danos producidos polo ataque de lobos. A orde que entra en vigor mañá cifra a axuda en 26 euros por gando ovino e ata os 1.600 por xovencas. (28/12/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano