O PIB, a riqueza de Galicia contraeuse durante o ano pasado o 1,2, dúas décimas menos que a do conxunto da economía española. E outro dato. A nosa comunidade rematou 2012 cun déficit do 1,19 por cento, cumprindo o obxectivo marcado polo Goberno, que era do un e medio. // Toxinas mariñas, como as que provocan as mareas vermellas, para tratar o alzheimer o algún tipo de cancro. É o resultado dunha investigación europea, na que participa a Universidade de Santiago e a Asociación de fabricantes de conservas, na que xa están interesadas as multinacionais farmacéuticas. // En liberdade con cargos o profesor de Ferrol denunciado por amordazar a unha nena e pedirlles aos alumnos que lle masaxearan os pés. Esta mañá foi detido e posto a disposición do xulgado nº 3 da cidade a raíz das denuncias presentadas na policía polos pais dos cativos de terceiro de primaria do colexio Isaac Peral de Ferrol. 28/02/13
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano