Nuns minutos vai ter lugar no estaleiro de Navantia, en Ferrol, a botadura do flotel contratado pola petroleira mexicana Pemex. Agora quedan por diante varios meses de traballo para rematar acabar de equipalo // O Sergas suspende o traslado de pacientes ao novo hospital de Vigo ao non estar garantida a seguridade microbiolóxica en zonas do novo hospital nas que van instalar servizos considerados críticos, como quirófanos, medicina intensiva, maternofilial ou a unidade de coidados intensivos // Recupérase no hospital Virxe do Cristal de Ourense o piloto da avioneta antiincendios que onte pola tarde sufría un accidente mentres apagaba un lume no concello ourensán de Castro Caldelas. Ten dúas costelas rotas. De momento descoñécense as causas do sinistro. 28/08/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano