Galicia será a terceira comunidade española que máis poboación perda, nos próximos 15 anos. Segundo unha proxección demográfica elaborada polo Instituto Nacional de Estatística, a nosa comunidade diminuirá a súa poboación, de aquí ao 2029, en máis de 207 mil habitantes // Un coruñés de Vimianzo, de 38 anos, é o primeiro galego que leva un corazón artificial. Implantáronllo no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e consiste nunha bomba que envía o sangue dende o corazón danado á arteria aorta, realizando a función do ventrículo danado do paciente. E o sexto caso en España no que se realiza unha operación deste tipo // As minas abandonadas de Galicia converteranse nun reclamo turístico. Mais de 100 puntos de interese foron recollidos neste mapa do patrimonio mineiro galego presentado esta mañá, dentro do programa atlanterra que busca potenciar todo o patrimonio mineiro da comunidade. 28/10/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano