Satisfacción hoxe nos estaleiros de Navantia e Barreras pola adxudicacion da construcion de dous buques hotel para a petroleira mexicana pemex, cun custel total de 600 millons de euros.Cada un supón carga de traballo para entre 600 e 800 persoas durante case dous anos e medio.
En Navantia, en Ferrol, o comité de empresa ven o contrato coma un alivio dada a grave crise que sofre o naval desa comarca. Os traballadores de Barreras, en Vigo, declaranse mais optimistas porque din que reforza o papel de Pemex no estaleiro e que asegura o seu futuro.
Xa está atracado no peirao de Navantia, en Ferrol, o mercante holandés que permanecía á deriva fronte á costa ferrolana por unha avaría na hélice.Chegou auxiliado por varios remolcadores tras unha complicada manobra que durou 24 horas e na que varias veces rompeu o amarre. (29/01/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano