As cubas de San Cibrao, conéctanse a rede eléctrica | Protesta dos médicos de urxencias | Lembramos a retransmisión do retorno dos restos de Castelao
29/01/2024 00:24:06As cubas da fábrica de Aluminio de San Cibrao comenzan arestora a conectarse de novo a rede eléctrica. Un equipo de especialistas de Canadá participa no operativo, para dar cumprimento ao plan de viabilidade ao que Alcoa se comprometeu cos traballadores e as administracións. | O persoal médico de urxencias dos hospitais de toda Galicia concentranse para protestar pola situación crítica na que, din, que están a traballar. Reclaman a revisión das súas condicións laborais pactadas hai xa quince anos | A colleita de grelos, botada a perder en gran parte polas choivas de novembro e decembro. No mercado a verdura está a acadar estes días prezos por riba dos catro euros o quilo | Celébrase a data de nacemento en Rianxo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das principais figuras da cultura e a política de Galicia. Este ano cúmprese ademáis o 40 aniversario do traslado dende Buenos Aires a Santiago dos seus restos mortais, Foi o 28 de xuño de 1984, Unha xornada histórica e polémica retransmitida por TVE en Galicia
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano