Galicia ten hoxe 16 mil parados máis que ao inicio do ano, segundo a EPA dada a coñecer hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. O número de desempregados na nosa comunidade é de 296 mil novecentos. O índice de paro segue a ser menor aquí que na media de España // Un equipo do hospital do Meixoeiro, en Vigo puxo en marcha un tratamento contra o cancro de pulmón, pioneiro en todo o mundo. Parou o pulmón para tratalo con radioterapia. Deste xeito, deixa de moverse e a parte do órgano que recibe as radiacións redúcese á metade // As taxas universitarias van seguir conxeladas o próximo curso. Avanzouno esta mañá o presidente da Xunta para que as universidades galegas volvan ser outro ano máis, dixo, as máis baratas de España. Núñez Feijóo recoñeceu que as circunstancias dos últimos anos impediron destinar a estas institucións académicas os cartos públicos que merecen. 29/04/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano