Rematan as obras para a reapertura de Peinador | Rueda e Pontón enfróntanse por Altri | Espectación dos fans do Son do Camiño
29/05/2024 00:23:14Comprobación do funcionamento dos sistemas de seguridade no aeroporto de Peinador, en Vigo, mentres, rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres e pór fin a un peche das instalacións que dende o pasado día seis de maio levou a desviar 700 voos e afectou a uns 80.000 pasaxeiros | O presidente acusou aos nacionalistas de xogar coa desinformación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, mentres, a dirixente do BNG dixo que a macrofábrica proxectada é una bomba ambiental. O socialista Gómez Besteiro ofrece colaboración a Rueda para defender a Galicia en Bruxelas | Menos de 24 horas para que O Son do Camiño abra a suas portas e os festivaleiros poidan desfrutar de artistas dos estilos máis variados, dende o Punk rock dos veteranos Green Day ao regueton máis actual de J Balvin ou Myke Towers. Desde esta mañá, centos de asistentes xa están instalados no camping do Monte do Gozo | 'Outras historias posibles'. É a exposición aberta no Museo Gaiás, en Santiago, que recupera a obra de seis creadoras asentadas en Galicia e que despuntaron na década dos oitenta do século pasado. Non gozaron daquela do mesmo recoñecemento público que os seus compañeiros varóns de xeneración, polo que se propón para elas unha nova ollada dende a actualidade.
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado