O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencioóns en cursos de formacion, da operacion zeta, e di que o seu executivo se vai personar na causa. Díxoo en resposta aos grupos da oposicion, que acusaron ao goberno de permitir un financiamento irregular do PP a través dun grupo de empresarios // Deteñen a un dos narcos máis buscados pola policía. É o lider dunha rede que tentou introducir 54 kilos de cocaína polo Porto de Marín nun cargamento de plátanos e que levaba fuxido da Xustiza dende 2007. Ten pendente unha condena 17 anos pola súa relación con outro alixo dunha tonelada de cocaína // Máis de seis mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular. Un tipo de doenza que é a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes. Hoxe, cando se celebra o día mundial adicado a ela, destácase tamén que, deses afectados, 1.500 morren e mais de tres mil quedan con algún tipo de secuela. 29/10/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano