Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras |Empeza a funcionar o Observatorio da Lusofonía | A maioría dos país rexeitan o programa Edixgal |
29/10/2024 00:23:05O escritor galego Manuel Rivas, galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024 que concede o Ministerio de Cultura. O xurado destaca a sua extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal. Tamén que o compaña o seu activismo, cunha pluma que induce á reflexión | Arranca oficialmente, en Santiago, o Observatorio da Lusofonía. Un organismo que leva o nome de Valentín Paz Andrade, impulsado pola Xunta para reforzar as relacións culturais e económicas cos países de fala portuguesa. Unha comunidade de máis de 270 millóns de persoas con presenza en catro continentes | Os libros electrónicos non melloran a aprendizaxe do alumnado nin a súa competencia dixital. Así o conclúe a enquisa realizada polas Anpas galegas, entre case catro mil familias sobre o uso dos recursos educativos dixitais na escola. O setenta por cento non quere que continúe o ensino mediante o programa Edixgal | Por aprendizaxe ou imitación, máis do 20 por cento dos menores de 18 anos, recoñecen actualmente que practican algún tipo de xogo de azar, apostas deportavas, poker en liña ou rascas. Os expertos advirten de que os videoxogos son unha porta ás ludopatías. Por eso no Día Nacional adicado a concienciar sobre estas condutas, piden programas preventivos nas escolas
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado