Rueda nega irregularidades nos contratos | O alumeado de nadal apodérase das cidades | Entramos na cociña do Retiro da Costiña
29/11/2024 00:25:02Esperada comparecencia do presidente da Xunta na comisión de investigacion sobre os contratos suscritos polo goberno autonómico durante a pandemia e o sobrecuste do Hospital Álvaro Cunqueiro. Rueda negou calquer tipo de irregularidade fronte ás acusacións que os grupos da oposición centraron na xestión do goberno de Núñez Feijóo | O alumeado de nadal vaise apoderando estes días da paisaxe urbana. Hoxe chega hoxe a cidades como Santiago, mentres Pontevedra e Lugo esperan ata o próximo día 5. Vigo, en cambio, leva xa quince días presumindo da mellor iluminación do planeta. O contraste atopámolo en concellos como Allaríz, que aposta por ser exemplo de decoración con materiais sostibles e de baixo presuposto | Un ano máis, a empresa de Muros 'Fresco y del Mar', lider na comercialización por internet de productos pesqueiros frescos a toda España, desmárcase do Black Friday. Pecha a súa tenda este venres en defensa dun consumo responsable e da pesca artesanal. E, lonxe de vender menos, esta semana duplicou pedidos | Uns fogóns que abriron as súas portas da man dos seus avós hai máis de oitenta anos. Co paso do tempo convertiríase nun templo culinario que acaba de conseguir unha segunda estrela Michelin. O chef Manuel Costiña, ábrenos as portas do seu restaurante en Santa Comba, xunto co seu equipo, para amosarnos o menú de hoxe
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado