Pleno extraordinario no Parlamento galego para investir a Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Feijóo dixo que a súa primeira reunión será para tratar do futuro do sector lácteo galego, e propúxolle a oposición un pacto sobre este asunto. // Os grupos da oposición advertíronlle a Núñez Feijóo que a maioría absoluta que acadou nas urnas non lexitima unhas políticas que, aseguran, atentan contra os cidadáns. Aseguran que van loitar contra elas no Parlamento, e pídenlle a Feijóo un cambio de rumbo na próxima lexislatura. // Os gandeiros dan por suspendida a folga e volven, na súa maioría, entregarlle o leite ás industrias, tras o principio de acordo acadado onte á noite. As industrias acordaron ir incrementando o que lle pagan aos produtores e a Xunta garantirá que se cumpra ese compromiso. 29/11/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano