Comezou na Audiencia Provincial de Ourense, o xuízo contra o expresidente da Deputación por contratar supostamente a dedo a 104 persoas na súa derradeira etapa ao fronte da institución que gobernou durante 22 anos. José Luis Baltar descargou a responsabilidade das contratacións no xefe de persoal e nos responsables dos departamentos // Dezasete imputados e tres testemuñas comparecen hoxe ante a xuíza Pilar de Lara, que instrúe a Operación Pokemon, acusados dun presunto delito de suborno. Entre eles, o alcalde de Ferrol, o tenente de alcalde da Coruña ou ex alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, que se acolleu ao seu dereito a non declarar // Máis de 10.700 persoas votaron esta fin de semana os novos responsables das 63 confrarías de pesca de Galicia. As listas alternativas acadaron maior representación que as oficias e deixaron fóra a históricos patrón maiores coma o de Cambados, Benito Gonzalez, tamén presidente da federación galega de confrarias. 30/06/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano