Nova traxedia social e familiar, provocada, segundo todos os indicios, pola violencia de xénero. Sucedeu na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén onde o cadaver dunha muller de 81 anos apareceu no exterior da súa vivenda, con varios golpes na cabeza. Nun alboio próximo, apareceu o corpo do seu marido, aforcado.
Os vehículos volven circular dende media mañá polo treito da autovía A8 entre as localidades lucenses de Abadín e Mondoñedo, onde o pasado sábado se produciu o choque múltiple que lle causou a morte a unha muller.
A economía galega empezou a experimentar unha mellora que os expertos prevén que se consolide o ano que vén. Un estudo elaborado pola fundación Obra Social Abanca calcula que, neste 2014, o noso producto interior bruto vai medrar o 1 por cento, empuxado polo aumento da demanda interna. (30/07/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano