A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela. Hoxe explicaron que investigan, xunto con outras familias afectadas, se son verdade as acusacións de abusos sexuais e delito fiscal, tal como investiga un xulgado de Tui // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias. Serán chamados aos seus centros de saúde en 72 horas para ver resultados de probas ou realizar curas // Condenado por abusar de dous menores o exadestrador de fútbol base de Pontevedra Rafael "Chito" Lavía, de 70 anos. En prisión dende agosto do ano pasado, confesou hoxe que abusara de dous nenos romaneses de 11 e 13 anos. Durante 9 anos, non poderá achegarse nin comunicarse cós rapaces, e deberá pagarlle a cada un 7.500 euros de indemnización. 30/10/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano