Estabilizado o incendio que lle afecta ao concello ourensán de Boborás, onde xa leva calcinadas máis de 100 hectáreas e que se propagou en catro frontes. Durante a noite e a madrugada algunhas aldeas da zona chegaron a estar en perigo, debido á proximidade das lapas // A subcomisión do Congreso que analizou a seguridade ferroviaria recoñece que se pode mellorar coa implantación do sistema ERTMS de control automático da velocidade, co que non contaba o treito do accidente de Angrois // Facenda xa decidiu as devolucións para máis de 665 mil contribuíntes galegos que presentaron a declaración do IRPF. Quedan pendentes aínda máis devolucións xa que os galegos solicitamos o reintegro dun total de 548 millóns de euros, na campaña de declaración da renda que hoxe remata. 30/06/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano