Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da limitación de visitas. Dende hoxe e ata ao 30 de setembro, só un máximo de 4.812 persoas poderán acceder á praia cada día, e para facelo haberá que facerse previamente cunha entrada que se consegue gratis en internet ou nos establecementos da zona // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito. Coa entrada en vigor do novo código penal por primeira vez o furtivismo conlevará penas de entre seis meses e dous anos de cárcere. Ata agora os furtivos só se enfrontaban a multas // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós grazas a un programa da Xunta que lles permitirá coñecer a comunidade durante os próximos quince días. 01/07/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano