O xurado do caso Asunta considera culpables a Rosario Porto e Alfonso Basterra, do asasinato da súa filla . O Veredicto de culpabilidade foi feito público esta mañá, logo de que os 9 membros do xurado popular, o aprobaran por unanimidade.
A Garda Civil detivo 9 persoas nunha operacion antiterrorista, contra membros da organizacion "Causa Galiza" , relacionada con Resistencia galega. Están acusadas de enaltecemento do terrorismo . Delas, 4 foron detidas en Vigo, 2 en Pontevedra, e as outras 3 en Santiago, Boiro e Muros.
A Garda Civil busca ao conductor dun coche que circulaba en sentido contrario pola autovía A-6, ao seu paso por Lugo e que causou un accidente e influiu noutro, no que resultou morto o conductor dunha furgoneta e feridas graves outras tres persoas.(30/10/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano