Reabre o aeroporto de Peinador|Polémica na USC polas protestas propalestinas| Xornada de pratos fortes no Festival O Son do Camiño
31/05/2024 00:24:16Os avións volven aterrar e engalar na pista recén asfaltada de Peinador, con algún atraso a primeira hora. Remata así a paralización da activiade comercial no aeroporto vigués, polas obras de reparación que dende o pasado día seis de maio obrigaron a desviar uns 700 voos a Santiago e afectaron a uns 80.000 pasaxeiros| Polémica na universidade de Santiago entre as autoridades académicas e grupos que organizan protestas en favor de Palestina. Na Facultade de Xeografía e Historia, o decanato advirte das dificultades para a actividade docente, e das deficientes condicións de seguridade que sofre o edificio, mentres continúa a acampada de estudantes|É o primeiro factor de risco de cancro que podemos evitar e mata cada ano en España unhas 63.000 persoas. No día Mundial Sen tabaco, a consellería de Sanidade chama a evitar o consumo e anuncia una lei de prevención que incidirá tamén nos vapeadores|Green Day, Arde Bogotá ou J Balvinfixeron vibrar ao Monte do Gozo na primeiraxornada do Son do Camiño. Máis de 40.000 asistentes desfrutaron dunha tarde de música e festa. Nas redes sociais non faltan hoxe críticas pola calidade do son nalgúns dos concertos. Hoxe, quenda para bandas como La Oreja de Van Gogh ou Love of Lesbian e uns dos máis agardados, os Pet Shop Boys. 31-05-2024
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado