Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía en Vilagarcía | Compras de última hora para Noitevella | 2024 en imaxes
31/12/2024 00:23:30Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas, cada ano con máis ambiente | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | O presidente da Xunta salienta desde a biblioteca da Universidade de Santiago a gratuidade das matrículas universitarias. Na tradicional mensaxe de fin de ano, asegura que iniciativas como a de Altri son necesarias para Galicia | Neste derradeiro Telexornal de 2024 lembramos algunhas imaxes que foron titulares no ano que remata. Desde traxedias, a éxitos. Historias de solidariedade e preocupacións sociais, das que seguiremos informando no ano novo
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado