Caeu ao baleiro, desde uns quince metros, mentres os seus país estaban ceando. A policía investiga as circunstancias do accidente no que perdeu a vida unha nena de nove anos, onte á noite, nun centro comercial de Santiago. // É xa unha tradición en Vilagarcía. Alí tomaron as uvas ás doce do mediodía, aínda que seguramente todos repetirán pola noite. As uvas son uns dos produtos que hoxe disparan o seu prezo. Nos mariscos, os que van máis caros son os camaróns, os percebes e as cigalas. // É Domingos Paciencia, o novo adestrador do Deportivo. Asegura que está convencido de que pode sacar o equipo dos postos de descenso. Substitúe a Oltra, que esta mañá se despediu sorprendido polas palabras coas que Lendoiro xustificou o seu cesamento. 31/12/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano