Foi a nai, Rosario Porto,quen matou, axfixiándoa, á súa filla Asunta despois de que esta adormecera cun ansiolítico que lle suministrou o pai, Alfonso Basterra. Este seria o autor intelectual, e Rosario Porto a executora, segundo o sumario do caso.
O Ministro de interior dixo que confía no labor das forzas de seguridade para o bo esclarecemento do caso Asunta. Díxoo ao visitar a Academia Galega de Seguridade, na que se forman policías adscritos á Xunta de Galicia, dedicados sobre todo á investigación de incendios e furtivismo .
Manifestacións na rúa e folga nas aulas de estudantes de ensino medio e da universidade contra a Lei Wert, cadrando coa aprobación hoxe coa votación no Senado. En Ferrol, aos estudantes uníronse traballadores do naval.
Nunca Máis vai recorrer a sentenza absolutoria do vertido do Prestige. Considera que hai que esclarecer responsabilidades. A Avogacía do Estado tamén vai recorrer, nese caso, contra a absolución do capitán.
Os galegos separamos os residuos por debaixo da media de España. Mellorar a recollida selectiva podería supoñer beneficios de máis de dous millóns de euros para o conxunto dos concellos galegos.
Lugo acolle ata o venres un festival de danza xaponesa experimental e alternativa, o Butoh. Os espectáculos son con entrada de balde. (20/11/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano