Segue nevando hoxe por riba dos 1.200 metros no interior de Lugo e Ourense. Non houbo problemas graves de tráfico ainda que, a primeira hora estivo pechado o Alto de Poio polo que arestora xa se pode circular // A localidade coruñesa das Somozas segue conmocionada polo falecemento repentino do seu alcalde, Manuel Candocia, que levaba 35 anos no cargo. Morreu, víctima dun infarto, cando presenciaba un partido de futbol do equipo local, do que tamén era presidente, contra o Cerceda. O campo non contaba con desfibrilador, segundo a Federación, logo de devolver o que lle fora entregado // 15 días despois da chuvia de millóns que deixou a lotaría do Neno en Monforte, negocios desta localidade lucense ven incrementadas as súas vendas. Coches, vivendas ou viaxes son algúns dos investimentos dos agraciados con algúns dos 120 millóns de euros. O que segue sen aparecer é o afortunado propietario do premio especial de corenta millóns de euros. 20/01/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano