Os servizos de inspección sancionaron, no que vai de ano a 135 establecementos turísticos por non ter a licenza actualizada. No mesmo período houbo case catro mil inspeccións en todo o sector. A maioría das infraccións son de carácter administrativo por non axustarse á nova normativa turística // Preocupación entre as empresas conserveiras pola escaseza de mexillón a causa do peche de polígonos de bateas, afectadas pola marea vermella. So seis dos 51 parque de cultivo que hai nas rías permanecen abertos,o que dificulta o acopio para a industria. No sector calculan que pode afectarlles a un milleiro de postos de traballo // Por primeira vez o Papa Francisco fala da súa posible viaxe a España o ano que vén. Di que ten moitas invitacións para visitar o noso país que lle fixeron chegar os Reis e o Episcopado. De momento medita se acepta os convites a Santiago, Ávila e Alba de Tormes. 20/08/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano