A xuíza que instrúe o caso Pokémon entregoulles ás partes novos documentos relacionados coa causa. Son varios tomos de dilixencias do sumario entre os que figura a peza separada aberta á portavoz do PP Paula Prado e a que investiga sete supostos casos de corrupción no concello da Coruña // O Presidente da Xunta anunciou hoxe un programa de financiamento para a industria auxiliar do Naval por valor de 20 millóns de euros. Mañá empézase a cortar chapa para o flotel de Pemex, en Navantia // Educación vai reclamar a devolución de 336.000 euros polo cobro supostamente indebido das axudas para libros de texto de hai catro cursos. A Xunta detectou irregularidades tras cotexar os datos que aportaron as familias da súa renda coa información da Axencia Tributaria. 21/05/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano