O uso de aceiro e outros metais para a construción estase empezando a recuperar. En boa parte é grazas ao aumento da obra pública, no primeiro trimestre deste ano, nun 172 por cento. Os empresarios agardan que sexa un crecemento que se consolide despois, de, din, ter tocado fondo durante a crise // Salvadas da liquidación cinco das filiais de Pescanova co voto favorable dos acreedores que aceptaron quitas de entre o 50 e o 96% da débeda nas xuntas celebradas esta mañá no xulgado do mercantil de Pontevedra // A Xunta destina 45 millóns a impulsar un polo industrial de avións non tripulados no aerodromo lucense das Rozas. Trátase dun plan de investimento que se desenvolverá ata ao ano 2020 co que se pretende impulsar a construción de avións non tripulados para uso civil. 21/05/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano