O exPresidente de Novacaixagalicia Julio Fernández Gayoso, dixo na comisión parlamentaria que investiga a fusión das caixas galegas que os problemas de solvencia se deberon aos constantes cambios normativos producidos a partir de 2010. A sesión da comisión estivo acompañada, dende fora da cámara, polas protestas dun grupo de afectados polas preferentes. Reclamaron que desta investigación saian á luz as eivas na comercialización deses productos // A saida da crise economica empezarase a notar o ano que vén e en 2015, será mais evidente. Dixoo o presidente da Xunta nunha entrevista en RNE a Luis Del Olmo, e na que tamen afirma que o das participacions preferentes é un problema que se está resolvendo // O Secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acusa a Feijóo de provocar a desaparición do noso sistema financiero ó ter impulsado a fusión das caixas. Díxoo nun acto no que tamén afirmou que non anunciará se se presenta ou non á primarias do seu partido. 21/06/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano