A flota pesqueira do litoral de Galicia permanece amarrada en protesta pola difícil situación que, din os patróns e os armadores, está atravesando o sector. // O presidente do Goberno comprométese a denunciar o acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania se se mantén nos termos nos que está hoxe. // Rajoy tamén anunciou no debate do estado da nación a reforma do IVE para os autónomos, que evitará que teñan que pagar o imposto mentres non cobren a factura correspondente. // O goberno galego felicita aos empregados públicos por reducir as ausencias no posto de traballo, que supuxo un aforro de 26 millóns euros durante o ano pasado. // Rouban 14 becerros nunha granxa de Xinzo de Limia, en Ourense, valorados en 14.000 euros. // Lembraremos a obra de Jorge Peteiro, un artista que nos acaba de deixar. 21/02/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano