Illados no hotel da Coruña os 46 membros da expedición do Fuenlabrada. Esta tarde coñecerán o resultado dos test realizados polos técnicos do Sergas, logo de que oito deles deran positivo nunha proba realizada antes de emprender a viaxe para xogar co Deportivo. A Xunta e o Concello coruñés reclaman explicacións ós responsables da Liga e do equipo madrileño.
//Os positivos detectados entre o Fuenlabrada obligan a suspender o partido co Deportivo, que quedou descendido matemáticamente a Segunda División B. O Lugo consegue a permanencia ao vencer ao Mirandés no Anxo Carro.
//O número de casos positivos de Covid-19 en Galicia baixa a 178, son 24 menos que o día anterior. Lugo é a área sanitaria con máis casos, 106, e a de Ferrol sigue libre de contaxios. 7 pacientes están hospitalizados e non hai ningún nas UCi. (21/07/2020)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano