Un estudo elaborado por un profesor pontevedrés demostra que 2 de cada 3 alumnos de instituto está pendente do Whatsapp e das súas mensaxes mentres estuda e 1 de cada 3 dedícalle varias horas diarias, algúns ata 6 // O Hospital vigués do Meixoeiro é o escollido polas autoridade sanitarias para illar e tratar calquera caso de ébola que se poida detectar en Galicia. Así se establece no protocolo para o seguimento da doenza que foi publicado hoxe pola Xunta. Para a súa elección tívose en conta que o porto vigués é un dos seis de España que pode dar acollida a situacións de emerxencia biolóxica ou radioactiva // O Lugo, pendente da decisión xudicial, respecto ao inicio da Liga. O Equipo galego saberá se ten que viaxar a Miranda de Ebro, en Burgos, como está previsto, ou a Murcia, dependendo do resultado da reunión convocada hoxe en Madrid, polo xuíz que anulou provisionalmente a exclusión do Murcia da competición de Segunda División, decidida pola Liga Profesional. 21/08/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano