Nova acción dos cerqueiros galegos para reclamar que lles deixen pescar máis bocarte ao sur de Fisterra. Na localidade coruñesa de Portosín guindaron o peixe. Piden así que lles amplíen a cota que esgotaron en febreiro
Seguen as protestas dos gandeiros en petición de prezos para o leite en orixe que lles cubran os custes de producilo.Hoxe os tractores e manifestantes citáronse na vila coruñesa de Ordes, despois de percorrer as estradas dos municipios da comarca. Reclámanlles ás administracións medidas para que se impoñan os prezos mínimos que demandan
O Porto da Coruña confirma que as obras de urbanización da zona da Mariña, en servizo dende mediados desta semana, non tiñan licenza ao non ser necesaria, debido a que se realizaron en base a un convenio entre a Autoridade Portuaria e o concello coruñés. (21/08/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano