Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 21/11/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 21/11/13

21/11/2013 00:28:00
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 21/11/13 Telexornal-Galicia - 21/11/13
Telexornal-Galicia - 21/11/13 00:28:00 21/11/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Segundo o sumario do caso Asunta, os pais acordaron matala tres meses antes do asasinato e durante ese tempo drogárona, supostamente, para probar a dose de ansiolíticos que ían utilizar. O día do crime, Alfonso Basterra drogouna Asunta e Rosario Porto asfixiouna.

Mariano Rajoy dise satisfeito pola sentenza do Prestige porque, manifesta, recoñeza que a acción do goberno contra a marea negra, que el dirixiu, foi a correcta.

A Xunta confirma a presentación dun recurso propio contra a mesma sentenza. Anunciouno Núñez Feijóo nun Consello que aprobou axudas para familias numerosas e para empresas que contraten profesionais dedicados á buscar exportacións.

Preocupación no naval e sobre todo en Navantia Ferrol ante a falta de contratos, a posible construción en Asia de catro gaseiros aos que optaba e a afirmación inicial do ministro de industria de que Galicia só faría un dos dous floteis en proxecto.José Manuel Soria engadiu logo que serán dous os floteis e o Núñez Feijóo apremia a Navantia a que consiga contratos.

Estrela Michelin para un restaurante da Coruña só un ano despois de abrir. Luis Veira xa conseguira outra estrela noutro restaurante coruñés.

Adeus ao exame teórico de conducir, o test con bolígrafo e papel. O novo faise nunha pantalla táctil.Hoxe estréase na provincia de Pontevedra. (21/11/13)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano